"Para perder os sentidos"
Rodeado de natureza

Casal dos celenis, un lugar para atoparse

Casal dos Celenis conta cunha extensa finca de 7.000 m2 que fan que sexa un marabilloso lugar de descanso onde desfrutar dun apracible entorno natural.

Zonas axardinadas cubertas de céspede e unha piscina exterior que invitan á relaxación e ao paseo. Ademais, conta cun amplo aparcamento privado. Todo disposto para o seu desfrute.

Servizos

Terraza-Bodega

Poderá gozar dunha gran terraza baixo a sombra de castiñeiros centenarios e visitar a nosa bodega, onde elaboramos os nosos propios viños.

Piscina

Na nosa piscina poderá pasalo ben e relaxarse cun agradable baño e tomar o sol e un refresco nun ambiente moi tranquilo.

Xardíns

Pasear, relaxarse e admirar a natureza. Dispoñemos de 2.000 m2 de xardíns, dúas fontes con auga que procede dun manancial propio, un estanque…

Aparcamento privado

Contamos con varias zonas de aparcamento gratuíto para coches dentro da finca e tamén con recintos para gardar bicicletas.

Salón de reunións

Existe un salón para reunións con capacidade para 30-40 persoas.

Peregrinos

Servizo gratuíto de recollida ao rematar a etapa en Caldas de Reis. Máis info

Como chegar a Casal dos Celenis