Peregrinos

Os peregrinos que queiran aloxarse connosco dispoñen dun servizo gratuíto de recollida en Caldas de Reis ao finalizar a etapa. Este servizo está dispoñible desde as 12:00 ata as 18:00 horas.

Para contratar este servizo será imprescindible indicalo na reserva ou poñerse en contacto connosco chamando ao número + 34 986 535 240 (CHUS). Se prefiren ser atendidos en inglés, deberán chamar ao +34 678 048 655 (PAULA).

Á mañá seguinte, entre as 8:00 e as 9:00 horas, levarémolos ao punto de partida, Caldas de Reis, para continuar o camiño cara a Santiago de Compostela.

Se o piden, poderán ter un ALMORZO DE PEREGRINOS nun horario especial, a partir das 7:30 da mañá.

Casal dos Celenis ofrece tamén a posibilidade dunha BOLSA DE PICNIC POR 5,5 € para coller forzas durante a seguinte etapa.